Saturday 04 de May de 2024

O Museo Man organizará o 25 de abril un obradoiro artístico baixo o nome de ‘Formigas’


Este taller lévase a cabo paralelamente á visita ao museo da exposición ‘Ants, Treballadores’, unha mostra de artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras.
O Museo Man de Camelle organizará o 25 de abril un obradoiro artístico titulado ‘Formigas’, que se levará a cabo paralelamente á visita da exposición ‘Ants, Treballadores’, unha mostra prevista para finais do mes de abril que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.

No taller cada persoa participante con inquietudes artísticas poderá intervir e transformar durante 4 horas a súa propia formiga de ferro, que despois será presentada xunto á exposición. A organización proporcionaralles unha formiga de ferro negro de 18 ou 25 cm. e tamén se lles dará pintura. Se desexan empregar outros materiais ou programan outro tipo de transformación deben traelos xunto coas ferramentas necesarias.

Para asistir é necesario reservar praza antes do 19 de abril enviando un correo electrónico a museodoman@camarinas.net ou chamando ao teléfono 981 710 224. Os matriculados deberán pagar unha taxa de 10 euros.